Concurso de Música Tradicional Xacarandaina

Xacarandaina

Estás en: Inicio Concurso de Música Tradicional
Erro
  • XML Parsing Error at 1:146. Error 9: Invalid character

Concurso de Música Tradicional Xacarandaina

XIXconcursomusic09 XIXconcursomusic103

A música é indispensable para o baile pero tamén ten entidade propia na tradición galega, acompaña momentos de festa e ameniza duras xornadas de traballo. Unha importantísima variedade de letras, toques, xeitos de cantar e tocar e tamén parte da tradición oral  son transmitidas entre xeracións grazas aos cantos das mulleres e dos homes. Estas realizando cantos de berce e de labor e eles a través dos seus cantos de arrieiro ou de taberna. Por todo isto a Asociación Cultural Xacarandaina convoca desde o ano 1990 o Concurso de Música Tradicional Xacarandaina cos obxectivos de espallamento, difusión e dignificación da importante música galega.

No acto poderán participar grupos de Asociacións Folclóricas, Recreativas, Culturais, de Veciños, Centros Parroquiais etc. nas modalidades de pandereteiras/os e todos os gaiteiros solistas que o desexen.


Accede aquí á información da edición actual do Concurso  de Música Tradicional Xacarandaina.

A continuación, expóñense parte das bases do XXXIII Concurso de Música Tradicional:

Modalidades

O concurso consta de umha única modalidade.

  • Pandereteiras ou pandereteiros.

Nesta edición os grups da A.C. Xacarandaina participarán no concurso a modo de exhibición e non concursaran.

Neste concurso poden participar grupos de Asociacións Folclóricas, Recreativas, Culturais, de Veciños, Centros Parroquiais etc. nas modalidades de pandereteiras/os e de cuartetos de gaitas, así como todos os gaiteiros/as solistas que o desexen.

 A modalidade de pandereteiras/os distribúese en catro categorías:

  • ­ Categoría A: ata 10 anos.
  • ­ Categoría B: de 10 a 14 anos.

  • ­ Categoría C: de 14 a 18 anos.
  • Categoría D: de 18 anos en adiante.

Nas modalidades de pandeireta a categoría determinarase pola media das idades dos compoñentes, e ningún deles superará o límite da categoría en máis de dous anos. 

É obrigatorio o uso do traxe tradicional galego en todas as modalidades.

Criterios

No momento da cualificación, o xurado terá en conta:

  • Autenticidade e dificultade da peza.

  • Afinación e interpretación.

  • Expresividade na interpretación.


O XURADO ESTARÁ COMPOSTO POR PERSOAS ALLEAS A A. C. XACARANDAINA

A Organización e máis o Xurado resérvanse o dereito a esixir o DNI ou Libro de Familia no momento da presentación dos grupos ou na deliberación do Xurado para comprobar as idades (LEVAR OS DOCUMENTOS IDENTIFICATIVOS).

Non poderán quedar premios desertos en ningunha das categorías.


O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA O DÍA 12 DE MAIO.

Está previsto que o concurso se desenvolva ao longo de todo o día, mañá e tarde, incluída a entrega de premios correspondente.

Debido a que é imposible superar a participación de 75 grupos, chegado a este número non se aceptarán máis solicitudes. Polo tanto, seguirase de forma estrita a orde de inscrición.

Premios

En cada categoría agasallarase aos gañadores con trofeo ou premio en metálico segundo a súa clasificación, así como colaboracións dos patrocinadores do concurso. Consultar as bases para máis información.


Bases e Inscricións

Consulta as bases e obtén a folla de inscrición na seguinte ligazón:


MODALIDADES:

 

A)     PANDERETEIROS/AS

B)     GAITEIROS/AS SOLISTAS (ESPECIALIDADE EN TOQUE PECHADO)

 

1. Neste concurso poden participar grupos de Asociacións Folclóricas, Recreativas, Culturais, de Veciños, Centros Parroquiais etc. nas modalidades de pandereteiras/os e de cuartetos de gaitas, así como todos os gaiteiros/as solistas que o desexen.

 

2. A modalidade de pandereteiras/os distribúese en catro categorías:     

              

­ Categoría A: ata 9 anos inclusive.

­ Categoría B: de 10 a 13 anos inclusive.

­ Categoría C: de 14 a 17 anos inclusive.

- Categoría D: de 18 anos en adiante.

 

Nas modalidades de pandeireta a categoría determinarase pola media das idades dos compoñentes, tendo en conta que ningún deles debe superar o límite da categoría en máis de dous anos.

 

3. Na modalidade de gaiteiros/as solistas establécese unha única categoría sen límite de idade.

 

Nesta edición queremos recuperar e poñer en valor a forma de interpretar o instrumento en toque pechado, sendo este xeito de tocar o máis antigo do país.

 

É obrigatorio o uso do toque pechado nesta categoría.

 

As gaitas deberán ser galegas, quedando excluídas as foráneas. O/A gaiteiro/a poderá levar un só acompañante (por exemplo: tamboril, caixa, pandeireta ou calquera instrumento de percusión considerado tradicional, quedando excluídos os de material sintético).

 

4. É obrigatorio o uso do traxe tradicional galego en todas as modalidades.

 

5. A peza a interpretar deberá ser tradicional ou popular, nunca de autor. No caso de que a A. C. Xacarandaina tivera que pagar á S.G.A.E. pola interpretación dunha peza de autor, remitiríamos o pago ao grupo correspondente.

 

6. No momento da cualificación, o xurado terá en conta:

 

­  Autenticidade e dificultade da peza.

­  Afinación e interpretación.

-  Expresividade na interpretación.

 

O XURADO ESTARÁ COMPOSTO POR PERSOAS ALLEAS A A. C. XACARANDAINA.

O XURADO TERÁ A LIBERDADE DE ESIXIR O D.N.I. OU LIBRO DE FAMILIA, NON PODERÁN QUEDAR PREMIOS DESERTOS EN NINGUNHA DAS CATEGORÍAS.

 

7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos para realizar a súa interpretación. O grupo que exceda dito tempo quedará descualificado. No caso dos GAITEIROS/AS SOLISTAS contarán a maiores cun minuto que poderán empregar exclusivamente para afinar, rematado este minuto serán avisados pola organización e deberán comezar coa peza.

 

8. Os premios serán os seguintes:  

 

 - Na modalidade de pandereteiros/as:

 

-          1º premio: trofeo e 250 €

-          2º premio: trofeo e 100 €

-          3º premio: trofeo

 

- Na modalidade de gaiteiros/as solistas:

 

-          1º premio: trofeo e 400 €

-          2º premio: trofeo e 200 €

-          3º premio: trofeo e 100 €

 

Se o número de grupos participantes nunha categoría é inferior a cinco, outorgarase un único premio. (Trofeo e 250 € na modalidade de pandeireta e trofeo e 400 € na modalidade de solitas)

 

9. O concurso terá lugar o domingo 19 de maio no Centro Cultural Ágora da Coruña, sito na rúa Ágora s/n - 15010. Está previsto que o concurso se desenvolva ao longo de todo o día, mañá e tarde, incluída a entrega de premios correspondente. Debido a que é imposible superar a participación de 75 grupos, chegado a este número non se aceptarán máis solicitudes. Polo tanto, seguirase de forma estrita a orde de inscrición.

 

A hora de presentación, orde e normas dos grupos participantes serán enviadas previo o concurso vía correo electrónico.

 

10. O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA O DÍA 4 DE MAIO.

 

11. As inscricións poden realizarse a través da nosa páxina web www.xacarandaina.gal ou enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición adxunta por:

 

-          Correo ordinario ao local social: A.C. Xacarandaina, rúa Historiador Vedía nº3, soto 1º, 15004 A Coruña.

-          Correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

 

EXCLÚESE A VÍA TELEFÓNICA PARA REALIZAR AS INSCRICIÓNS E NON SE ADMITIRÁ NINGUNHA INSCRICIÓN POSTERIOR A ESTA DATA.

 

 

 

 

 

Co fin de obter un arquivo gráfico, a organización realizará fotografías e vídeos do  concurso. Estes documentos gráficos serán incluídos nun ficheiro debidamente rexistrado na Axencia Española de Protección de Datos do que é titular a ASOCIACIÓN CULTURAL XACARANDAINA e poderán ser utilizados pola Asociación para mostrar tanto no local social como na web www.xacarandaina.gal, así como para a elaboración de carteis e publicidade dos eventos ou actividades que se realice a Asociación.

 

A A.C. Xacarandaina aclarará calquera dúbida a través do teléfono 981 277 315   ou por correo electrónico mailto: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .


 

Concursos

Axenda

Decembro 2024
L M Me X V S D
25 26 27 28 29 30 1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31 1 2 3 4 5

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos