Matrícula Curso 2024-2025

Xacarandaina

Estás en: Inicio Matrícula
Erro
  • XML Parsing Error at 1:145. Error 9: Invalid character

Matrícula Curso 2024-2025

QUE TRAER
  • Novos Socios: dúas fotosnúmero  IBAN
  • Socios: lembra o teu nº de socio e matricúlate nas actividades que queiras!
RESUMO DE CONDICIÓNS
A continuación presentamos un resumo das condicións para este curso:

CONDICIÓNS ECONÓMICAS
  • Socios:Socios/as: terán que aboar unha cota anual de 24 €, ben de forma fraccionada, en dous pagos de 12 € cada un (Setembro e Febreiro) ou de xeito íntegro no momento da matriculación. Os/as socios/as están exentos de pagar matrícula, ademais de obter descontos nas actividades. 
NOTA: Ser socio non implica a asistencia ás actividades. Darse de baixa das actividades non supón a baixa de socio.


QUE VANTAXES TEÑO COMO SOCI@?

  • Obterás descontos se asistes a máis de 1 actividade, tendo 1€ de desconto en cada unha delas. Se sodes varios e usades o mesmo número de conta, obteredes tamén un desconto de 1€ en cada actividade. Terás prioridade como soci@ á hora de anotarte, a primeira semana de inscrición é exclusiva para vós.
  • Tamén terás acceso a descontos nunha selección de negocios que colaboran con nós cada ano

CANDO PAGO AS MIÑAS COTAS?

  • O abono das cotas pasarase anualmente no mes de setembro, agás @s nov@s soci@s que o farán xunto coa primeira mensualidade das actividades. O recibo de actividades domiciliarase no teu banco na primeira semana de cada mes.
Este ano a cuota de actividades sufriu modificacións
  • Clases de duas horas: 26€
  • Clases de hora e media: 21€
  • Clases de hora:16€

BAIXA DE SOCIO OU ACTIVIDADES
  • O proceso é o mesmo, deberás cubrir un formulario dispoñible no local social ou solicitalo por mail.
  • No caso das actividades, terás que dar aviso antes do día 25 de cada mes para que non se xenere o seguinte

recibo. Para a baixa de soci@, terás que avisar antes do 25 de agosto e entregar o teu carné


HORARIO 2024-2025:
O horario en setembro:

Inscricións preferente para socios:a partir do 2 de setembro por mail ou no local social de luns a venres de 09:30 a 13:30 e de 16:30 a 19:30

  • de luns a venres de 09:30 a 13:30 e de 16:30 a 19:30.
Inscricións para os novos socios: a paritir do 9 de setembro:
  • mesmo horario, exclusivamente no local social.
Durante o resto do curso poderás inscribirte no horario habitual da Asociación, de luns a venres de 09:00h a 14:00h e de 16:30 a 22:30h; e os sábados de 10:00h a 14:00h.



 

Escola

Axenda

Maio 2026
L M Me X V S D
27 28 29 30 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos