Xacarandaina

Estás en: Inicio

Xacarandaina Celebra 40 anos!

Xacarandaina celebra 40 anos! 

40 anos cheos de actividades: música, baile, deporte, pintura, teatro, visitas etc... pero sobre todo 40 anos cheos de persoas marabillosas que fixeron e fan posible que sigamos a celebralo.

Desde a Asociación, queremos facervos protagonistas a todas as persoas que durante estes 40 anos estivestes vinculadas a Xacarandaina. Envíanos a túa foto, vídeo, sentimento ou lembranza favorita e, xuntas, fagamos entre todos un arquivo emocional da historia real de Xacarandaina que perdure e se amplíe coas futuras xeracións.

Os datos son moi importantes! Comentádenos ano, lugar, clase, nome do grupo, algunha vivencia, un recordo, unha anécdota ou calquera outro dato que vos identifique dentro da historia da Asociación a través dunha foto, vídeo ou documento.

 Enviádenos as vosas vivencias á dirección de correo electrónico info xacarandaina.com e iremos publicando pouco a pouco nesta páxina.

 Festexemos xunt@s este 40 Aniversario!!

40 anos Xacarandaina

 

Axenda

Marzal 2024
L M Me X V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos