Desde a A.C.Xacarandaina, e debido á mellora das condicións epidemiolóxicas, decidimos retomar as nosas actividades a partir do luns 1 de marzo.
Lamentándoo moito, e debido ás restricións vixentes, non se poderán impartir polo de agora as clases de gaita, acordeón e coro. As clases de pandeireta impartiranse sen canto, poñendo a vosa disposición máis instrumentos para utilizar na clase.
Aproveitamos unha vez máis para agradecervos a vosa colaboración e comprensión nestes momentos tan difíciles para tod@s.
As clases que non retoman a actividade son:
- Gaita Inic.II – Luns 18:30h
- Gaita Inic. II – Luns 20:00h.
- Gaita Perfecc. – Mércores 19:30h.
- Acordeón – Xoves 20:00h.
- Coro – Venres 19:30h e 20:30h.