Xacarandaina

Estás en: Inicio Gorechos

Gorechos

Gorechos

‘Gorechos’ é un programa lúdico-educativo que toma como base a cultura galega e que realiza actividades para nenas e nenos de 3 a 6 anos. Este programa foi creado co fin de cubrir un espazo de idade que quedaba exento na Escola da Asociación.

As actividades son para todos os públicos, desde os 3 anos en adiante. Presenta dous obxectivos principais: iniciar a aprendizaxe do folclore galego e das artes plásticas e escénicas e favorecer o desenvolvemento integral da nena ou neno, nos ámbitos motor, afectivo, cognitivo e social.

Componse de catro áreas ou temáticas:

  • Motricidade con soporte musical (iniciación ao baile e á danza).
  • Música activa (iniciación á música).
  • Reciclarte (iniciación ás belas artes).
  • Cantocontocanto (iniciacion á lectura, interpretación...).
 

Axenda

Abril 2024
L M Me X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos