«Prestixio» é un espectáculo de música e baile tradicional, co que se pretende dignificar unha das rexións do país máis interesantes: Bergantiños e a Costa da Morte. A súa situación xeográfica fai desta comarca unha zona illada, contribuíndo así á conservación de gran número de tradicións, que resaltan a súa singularidade e o seu enxebrismo. O novo espectáculo de Xacarandaina é froito dun intenso traballo que a compañía vén realizando desde hai case trinta anos en Bergantiños e, en especial, na Costa da Morte. |
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.